viernes, 27 de abril de 2012

Poemas antes do lixo: Instalación poética II Enarborar o Bosque

PRONTO II ENARBORAR O BOSQUE. Non vos impacientedes, estamos preparando a convocatoria. Setá o 10 de xuño no concello de Beariz (Ourense) e será unha proposta de reciarte.


 Para comezar a quecer sacamos a convocatoria para escritoras e escritores. Nesta ocasión Xacobe Meléndrez prepara unha instalación poética a partir da reutilización dos rolos papel hixénico, "poemas antes do lixo". 


 


"Recolectar, comer e abonar
ciclo armónico explotar
consumir e verter
 triángulo destructivo.

Mirar dende a humildade do último dos refugallos, ise ángulo pouco explorado que nos pode axudar a reinventarnos. Procurando novas fórmulas, novas visións, novas portas para renovar o noso pacto de acollida na nosa contorna."

ENVIADE AS VOSAS POESÍAS ESCRITAS SOBRE OS ROLOS DE CARTÓN QUE QUEDAN CANDO SE ESGOTA O PAPEL HIXIÉNICO
AO SEGUINTE ENDEREZO POSTAL, (deben chegar antes do 8 de xuño)

Poemas antes do lixo
arTeu arte+sociedade
Aptdo 223
15660 Cambre
A Coruña

 TAMÉN AS PODEDES LEVAR AO IIº Enarborar o Bosque, encontro artístico no medioambiente, o 10 de abril en Bearíz-Ourense (estade atentos á convocatoria), ou mesmo levar rolos en branco e inspirarte alí mesmo.
 Aínda lembramos a fermosa instalación "poemas na fronde" no I "Enarborar o bosque" na que participaron máis de 30 poetas galegos, de méxico, Costa Rica, Cabo Verde, Polonia, Portugal…


No hay comentarios:

Publicar un comentario