viernes, 12 de agosto de 2011
O 22 de agosto Gran inauguración no Castelo de Santa Cruz, Oleiros
O vindeiro 22 de agosto, lúns, ás 20 horas, inauguraremos unha exposición colectiva, EnarborarObosque, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) na que participarán 59 artistas (plásticos, poetas e visuais). A exposición contará con parte das obras realizadas durante a xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre Na Carballeira de Chaián, o 5 de Xuño de 2011. Pintura, Fotografía, Escultura, Escrita.
Contamos cunha inauguración poético musical, na que recitarán: Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade, e o... poeta e músico Mou de Lugh acompañará con Hang Drum. Será un fermoso evento.
Un 10% do recadado pola venda das obras irá á FEG (Federación Ecoloxista Galega).
Na exposición participan: Alfonso Rivero de Aguilar, Ana Fernández Otero, Ángel Segovia, Carlos Antón, Carlos Botana, Carlos Ináciu, Celia pía, Delio Sánchez, Fran Montoiro, Helena Villar Janeiro, Inma Doval, Lourdes Maceiras, Mariano Casas, Marina Cocós, Mariña Maceirs, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Pablo Morandeira, Paz Vicente e Violeta Meléndrez Doval. Ademáis haberá unha instalación "poemas na fronde" de Xacobe Meléndrez cun video de Diego Beltrán, fotografía de Xacobe e poemas de 39 poetas de distintas nacionalidades (galegos, mexicanos, costaricenses, cavoverdianos, portugueses...). Un total de 59 artistas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario