Quen

"Enarborar o bosque" é unha proposta de Delio Sáchez (Factoría Delideas) e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval, que buscan un compromiso da arte co medio ambiente.
Nace no ano 2010, coa I convocatoria, na carballeira de Chaián, para reivindicar a protección do bosuqe frente ás talas indiscriminadas de árbores que se están a producir por todo o país.
Conta sempre co apoio da FEG (Federación Ecoloxista Galega).
É unha convocatoria aberta, na que poden participar todos os artistas que o desexen, procedentes das distintas artes: plástica, video, fotografía, música, teatro, poesía... Realízase unha xornada ao aire libre de creación e convivio, na uqe cada quen deixa voar a súa imaxinación nun entorno máxico e ao mesmo tempo ameazado pola man firme e depredadora do ser humano.
Hai artistas incondicionais co seu apoio á proteción do medio, altamente comprometidos coa sociedade na que conviven, entre eles están, ademáis dos creadores do evento, Sebas Anxo, Ana Fer, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Sapoconcho Galego, Natalia Concheiro, Francisco X. Fernández Naval, Helena Villar Janeiro, Maribel Longueira, entre outros. Cada ano somos máis, aínda que un número pequeno comparado co número total de artistas galegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario