domingo, 29 de abril de 2012

II Enarborar o bosque: Reciarte na Carballeira de Cotapereira (Beariz, Ourense)


Un ano máis enarborando, levando a arte e a creación ata o cerne da natureza, para dialogar con ela, protexela, salvala. O 10 de xuño, creadores e creadoras, amigas e amigos, levemos a arte á Carballeira de Cotapereira (Beariz, Ourense), nunha convocatoria de Reciarte, pois o lixo ten moita vida antes de ser desbotado. Non queremos incineración, se non un consumo e unha xestión responsable.

Manifesto “reciArte”

Escritores e artistas xuntámo-nos para facer unha reflexión colectiva sobre o problema xenerado pola xestión do lixo no territorio galego. Un problema local pero que se repite globalmente, iso si, con distintas solucións que xeneran impactos no medio ben diferentes.
Constatamos o fracaso da política de xestión do lixo xestada nos anos 90, na que a aposta da Xunta de Galicia foi a dunha xestión centralizada e baseada na incineración. Xa daquela a totalidade dos grupos ecoloxistas galegos, amosaron o rexeitamento a este tratamento. O grave impacto ambiental que xenera tense demostrado, na contaminación do aire (coas veleñosas dioxinas e a contribución ao incremento do efecto invernadoiro), do chan (no verquido dos rexeitados e cinzas, con contaminación do solo e os acuíferos por lixiviados) e o custe ambiental dun ciclo de transporte demasido extenso e enrevesado.

Agora este modelo querese perpetuar coa instalación dunha nova incineradora na contorna do centro xeográfico galego, esto contribúe a ningunear socialmente o lixo: facelo invisible á cidadanía é parte do problema. Queremos contribuir a que cada quen tome conciencia do seu protagonismo na solución, xa que cada un de nós produce máis de 400 kgr de lixo ao ano: e se non nolo quitaran de diante todas as
noites? e se tiveramos que gardalo nos nosos fogares? …

O lixo máis limpo é o que non se produce! por iso esiximos políticas de reducción en orixe, porque a máis da nosa responsabilidade individual, pódese obrigar as industrias á reducción unha importante no envasado (máis do 40% da composición dos refugallos son envases), iniciativas seguidas da reutilización primeiro e
a reciclaxe en último termo, destes materiais. En canto á outra fracción máis significativa, a da materia orgánica (perto do 50%), sabemos que existen sistemas comprobados de tratamento para producción de compost que funcionan, sempre que se implique á xente e se aplique unha xestión competente do lixo, non baseada únicamente en criterios comerciais, vendo tamén as súas posibilidades socio-ambientais, como abono, rexeneración de terreos forestais ou dexenerados.

Non hai que esquecer que o lixo é tan só o tramo final dun ciclo que debemos repensar, modelo formado pola “extracción-consumo rápido-vertido”, con impactos sociais e ambientais graves. Exemplos temolos por todos lados, mesmo nesta fermosa paisaxe de Terra de Montes na que nos xuntamos, amezada pola
explotación dunha mina a ceo aberto de 3.650 Ha. ou por unha tala de carballos e outras especies de especial valor que están sendo taladas nas beiras das estradas de Cerdedo, por orde do seu alcalde, coa escusa de garantir un transporte máis rápido e seguro.

Debemos reinventarnos e reformular o noso contrato entre a sociedade e á natureza para vivirmos millor, ise é o verdadeiro progreso!

Este é un acto simbólico promovido por os artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes
do colectivo arTeu, Inma Doval e Xacobe Meléndrez. Coa colaboración da Asociación Verbo Xido.
A iniciativa foi apoiada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG) e ADEGA.






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario