Instalación
artística contra o cianuro, o arsénico e a destrucción da
natureza.
Traede ou enviade
os vosos versos, escritos sobre croios, ou mesmo pequenas pedras
intervidas, coas que montaremos unha instalación no III Enarborar o
Bosque, adicado a protección de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) e
o seu entorno natural frente ao proxecto de explotación mineira de
ouro a ceo aberto.
Os amilladoiros
son montóns de croios acumulados de xeito testimonial en
determinados lugares. É unha práctica que ten unha raiz celtíbera,
pobo que ía botando as pedriñas en cruces de camiños e outros
lugares cunha simboloxía especial, para alonxar os malos espíritos.
Practicouse e
practícase ainda en multitude de culturas de todo o mundo, dende a
tribu Churingaque en Australia ate os Masais africanos, pasando polos
pobos do norte penínsular esencialmente no Camiño de Santiago,
neste caso despois de pasar o tamiz da cristianización.
Utilizabanna tamen
os gregos e os romans tendo diversos significados. A pedra foi
símbolo de forza, virilidade, fecundade, persistencia, demarcación…
e nós utilizaremola de novo en Corcoesto, para alonxar os malos
espíritos, os do arsénico e o cianuro que con este modelo de
explotación mineira ameazan con mobilizarse polo interior da nae
terra, nas súas veas de auga, as mesmas que nutren as nosas
produccións agrícolas e gandeiras e que iría empozoñar tamén a
ría toda.
Ven
co teu croio (*) o día 1 de xuño ao III
Enarborar o Bosque que se
desenvolverá en Corcoesto, con recitais, pintura ao vivo, música,
maxia… unha verdadeira romería artístico-reivindicativa ao aire
libre.
Tamén podes
mandar a túa pedra (*) ao Apartado 223 de Cambre – A Coruña antes
do 28 de maio.
(*) Pon
claramente o nome dx autor/a e envianos un correo electrónico coa
trascripción do texto, o colgaremos na web xunto con fotografías
dos seixos.
Xacobe Meléndrez Fassbender
Na cidade da Coruña con nocturnidade e aleivosía, agochando a
ResponderEliminarfalcatruada ao abeiro do receso universitario da fin do ano 2012 e reis,
pola ladeira do camiño encostado que no campus da Zapateira vincula,
as facultades de arquitectura e filoloxía da UDC, botárense abaixo,
a mantenta e co emprego de medios mecánicos, preto de corenta o máis,
árbores con moitos anos, sans, que agasallaban ao que por alí andivera,
co seu verdor e mellor sombrizo.
Ben que a falla de actividade deu pulo á desfeita, alguén pasou polo
sitio, alguén deu os permisos, alguén veu e non lle importou,
ou tivo medo de dar a nova ao Servizo de Protección á Natureza,
ao que non o fixo por desleixo e consonte con elo permitiu o arboricidio,
ceibando outra agresión ao que semella un dos meirandes,
patrimonios naturais de Galicia, a todos eles o meu maior desprezo.
Prá rematar co estrago falla que alguén dalgunha admon. do Estado o do goberno local colla beneficio da desfeita artellando uns cartaces tirando fotos coas vistas da cidade, xa que o custe só foran nada máis que corenta ou cincuenta fermosas árbores.
Namentres na cidade da Coruña se presaxiar obras maxestosas ás que cumpre
engadir a vindeira desfeita do asoballamento dos piñeirais do parque
de Santa Margarida da que deu a nova o propio concello,
xustificándoas en razóns técnicas non contrastadas, e baseada
nunha posíbel abundancia de rochas e a escaseza de auga nun estudo
propio e que fala dunhas árbores que levan no sitio 70 años. É que
non posuíren sensibilidade humana nin ecolóxica algunha, non ten o
mínimo interese de exercer tarefa con sentidiño, nin lles interesa
coidar a natureza.
Pola mesma banda na zona da cafetaría e coa finalidade de protexer o
chan, os xenios do proxecto vaino pavimentar, un novo costume que adoita nos últimos tempos o concello, asoballar os espazos verdes con forxado de cemento. Outra faciana da desfeita e que cheira o calote,
é a muda da colocación da canceira do parque,
e no que respecta á Casa das Ciencias a reforma
da súa infraestrutura, á que certamente a
mellor cousa que lle podería ocorrer que sexa visitada por moita
máis xente da que o fai a cotiá.