lunes, 18 de junio de 2012

II Enarborar o bosque


 Onte na carballeira de Coto Pereira xuntámonos un grupo de artistas para reivindicar coas nosas creacións a protección do medio. Nesta ocasión, como ben sabedes, queríamos manifestara a nosa oposición á incineración do lixo, e reclamar unha aposta polas las tres R, nesta orde: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Tamén denunciar as talas indiscriminadas que se están facendo en Cerdedo e opoñernos á mina que queren construir nesta fermosa Terra de Montes. Pintores, contacontos, fotógrafos e poetas, creando nunha paisaxe ben bonita, cunha xente encantadora e con auga sí, máis da que desexábamos nese día.

A xornada da mañá foi sen apenas auga, polo que puidemos disfrutar da grande aperta da natureza. Anxo Moure, o Carballo con botas, deixounos un fermoso conto, no que nenas, nenos e adultos sorrimos e brincamos. Na tardiña, debido á forte chuvia, trasladámonos á casa do pobo, alí continuaron as creacións e fixemos a montaxe da instalación poética "Poemas antes do lixo". Natalia Margalejo, Nolim González, Marcelo, Marta Pedrosa... poetas que crearon alí os seus poemas, lendo ademáis os de moitos que os enviaron por correo como Chisco Fernández Naval, Mito Elías, Bilal Traoré, Iria Anido, Lucía Aldao, Ramiro Torres... e moitos máis. As obras creadas estiveron alí expostas xunto coas maravillosas  esculturas  que Juan, veciño do pobo, creou para ese día. Rematamos cunha cálida despedida, con chocolate e rosca, ofrecida por Verbo Xido e a xente do pobo, a quenes agradecemos ese diálogo que se formou dende o inicio, un intercambio e apoio que sabemos terá continuidade. E moitas grazas a toda a xente de Doade, fermosa, participativa, acolledora, que estivo alí, comapartindo con nós, e a Lola, Poldo, Constantino, Dioniso... e moitos máis que axudaron a que esta xornada fora así de boa.

Grazas tamén a Mada Meléndrez  sempre loitando dende a FEG, e que estivo con nós apoiando esta actividade.

Aquí queda unha mostra no telexornal da TVG, no minuto 30.30.


1 comentario:

  1. Grazas a vós, Deli, Xacobe, Inma... por unha actividade tan boa para a nosa comunidade. O mellor dos ánimos para continuardes con iniciativas coma esta, e saúdos non só de Doade, senón de toda Xirarga, a parroquia do Cotapereira. (Poldo)

    ResponderEliminar