viernes, 12 de agosto de 2011
O 22 de agosto Gran inauguración no Castelo de Santa Cruz, Oleiros
O vindeiro 22 de agosto, lúns, ás 20 horas, inauguraremos unha exposición colectiva, EnarborarObosque, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) na que participarán 59 artistas (plásticos, poetas e visuais). A exposición contará con parte das obras realizadas durante a xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre Na Carballeira de Chaián, o 5 de Xuño de 2011. Pintura, Fotografía, Escultura, Escrita.
Contamos cunha inauguración poético musical, na que recitarán: Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade, e o... poeta e músico Mou de Lugh acompañará con Hang Drum. Será un fermoso evento.
Un 10% do recadado pola venda das obras irá á FEG (Federación Ecoloxista Galega).
Na exposición participan: Alfonso Rivero de Aguilar, Ana Fernández Otero, Ángel Segovia, Carlos Antón, Carlos Botana, Carlos Ináciu, Celia pía, Delio Sánchez, Fran Montoiro, Helena Villar Janeiro, Inma Doval, Lourdes Maceiras, Mariano Casas, Marina Cocós, Mariña Maceirs, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Pablo Morandeira, Paz Vicente e Violeta Meléndrez Doval. Ademáis haberá unha instalación "poemas na fronde" de Xacobe Meléndrez cun video de Diego Beltrán, fotografía de Xacobe e poemas de 39 poetas de distintas nacionalidades (galegos, mexicanos, costaricenses, cavoverdianos, portugueses...). Un total de 59 artistas.
jueves, 28 de julio de 2011
Exposición no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
O 22 de agosto inauguraremos a primeira exposición de "Enarborar o bosque", bueno, a segunda se é que contamos a que fixemos alá, na Caraballeira de Chaián o 5 de xuño. Será no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña) e poderedes visitala até o 31 de agosto.
Na inauguración haberá recital dalgúns dos poemas de "poemas na fronde", que farán os seus propios autores e autoras; contaremos así coas fermosas voces de: Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Ramiro Torres e Xesús Rábade.
Deixamos aquí a foto dalgunha das obras que se poderán ver na exposición:

Lagarto arnal (Marina Cocós)
´
Debuxo de Mariña, unha das rapaciñas que pintaron na carballeira ese día.
viernes, 10 de junio de 2011
miércoles, 8 de junio de 2011
martes, 7 de junio de 2011
lunes, 6 de junio de 2011
Novas na prensa
Moitas grazas a todas e a todos os que onte vos achegáchedes ata a Carballeira de Chaián para "enarborar o bosque" coa vosa creatividade e calor. Deixamos aquí unha noticia no xornal La Voz de Galicia de hoxe.
viernes, 3 de junio de 2011
Inicio
Xa estamos preparados para o gran día das artes en defensa do monte galego.
Neste Blog poremos fotos, videos, e textos de todo o que aconteza en Chaián.
Asimesmo, con todas as obras faremos unha exposición itinerante, e será neste blog onde se irá actualizando a vagaxe dos distintos acontecementos, exposicións, etc.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)