viernes, 6 de junio de 2014

Cambio de ubicación: Polideportivo de Pedrafigueira (Carnota)

ATENCION!!!! debido aos fortes ventos na praia de Boca do Río, e por motivos de seguridade, vémonos na obriga de trasladar o evento ao entorno do Polideportivo de Pedrafigueira. O tempo vai ir a mellor, e o temporal pasará hoxe, según información meteorolóxica de primeira man :-) pero por precaución e imposibilidade de montar a carpa coa que está caendo debemos facer este cambio. O programa se mantén.
https://www.google.es/maps/search/pedrafigueira+polideportivo/@42.8336444,-9.0837683,795m/data=!3m1!1e3

martes, 3 de junio de 2014

Programa do IV Enarborar o bosque

Aquí vai o programa previsto para a celebración no IV enarborar o bosque, que como sabedes este ano ten como tema central a loita contra os lumes. Lembrade, será o dí 7 de xuño na praia da Boca do Río, no Concello de Carnota. Traede o voso xantar e vide preparadas e preparados para unha boa festa das artes e diálogo coa natureza.

martes, 13 de mayo de 2014

IV Enarborar o bosque



 Achégase a data do IV Enarborar o bosque, romería artístico-reivindicativa na que este ano queremos chamar a atención sobre o problema crónico dos incendios forestais en Galicia. (En anos ateriores: I.- protección do bosque (en Chaián -Santiago). II.- Contra a incineradora do Irixio (en Beade). III.- Contra a mineiría a ceo aberto (en Corcoesto). Participarán poetas, artistas plásticos, fotógrafos, músicos… profesionais e amadores, nunha xornada lúdica organizada por Factoría Delideas e o colectivo arTeu.
Farémolo na praia de Boca do Río,( Carnota ) baixo o Monte Pindo, que simbolizou a problematica dos incendios o ano pasado, pero podería ter sido a carón das Fragas do Eume, en Lalín ou en tantas partes do país que sufren todos os anos a peste destes incendios, na súa meirande parte intencionados.
Cada quén leva o seu xantar e os seus bártulos. Se alguén ten interese en participar con algunha actividade facédeo saber para ir organizando a xornada. 


E se chove, que chova!, o Concello de Carnota prestaranos unha carpa de ser necesario.

(fotos de Delio Sánchez)

Contaremos coa participación de músicos: Xurxo Souto, César Morán, Xosé Taboada, Paco Campos,Sapoconcho Galego,  Josito Porto, Bilal Traoré,Pablo Orza. Espectáculos teatrais e contacontos: Cecilia Meléndre,Miguel Ángel Alonso Diz e Ana Hermida. Tamén poetas, artistas plásticos e fotógrafas/os.








 

VersosdeAugaconvocat from NoTobo do Raposo on Vimeo.

Versos de auga contra o lume (acción artística colaborativa)



CONVOCATORIA POÉTICA
Acción artística colaborativa:



Co gallo da celebración do IV Enarborar o Bosque, propoño esta instalación de versos efímeros, escritos en auga sobre a pedra e borrados polo sol e o vento.

Unha conxugación dos catro elementos clásicos, cos que lanzar os nosos desexos de que o monte e o bosque se preserven dos lumes forestais.

É unha proposta especialmente dirixida aos poetas, pero na que pode participar calquer persoa que se achegue á Boca do Rio, Carnota, durante todo o día 7 de xuño de 2014.

Cada persoa elaborará o poema sobre o tema en 3, 4 ou 5 versos e os escribirá con auga e pincel sobre a pedra preparada para elo. A acción será gravada recollendo o nome da persoa e posteriormente se editará un video que deixará rexistro do que nela aconteza.

Os poetas que queiran participar pero non se poidan desprazar ese día ate Carnota, poden enviar os seus versos antes do día 5 de xuño, sempre menos de 5, ao correo xacobe@xk3foto.com.

                   MEDRE O BOSQUE!                                    
                                                                                  Xacobe Meléndrez Fassbender