miércoles, 8 de mayo de 2013
Manifesto III Enarborar o bosque: pola defensa de Corcoesto
Manifesto
Creadoras e creadores
galegos- músicos, poetas, artistas plásticos e e visuais, actrices e actores,
magos… co apoio de colaboracións internacionais, xuntámonos o día 1 de xuño ,
data próxima ao día mundial do medio ambiente, na Carballeira de Santa Mariña -
Corcoesto, Cabana de Bergantiños, para amosar un ano máis o noso compromiso coa
conservación da Natureza, e neste 2013 fixamos a nosa mirada no forte impacto
das explotacións mineiras en Galicia, especialmente as que se realizan a ceo
aberto.
O proxecto de Edgewater Exploration Ltd
de explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Bergantiños representa o máximo
expoñente desta ameaza no noso territorio. Pero non hai que esquecer as explotacións xa en desuso como as de lignitos en Meirama e As Pontes de
García Rodriguez, rexeneradas con proxectos sinxelos e baratos para as empresas
pero ambientalmente incorrectos, xa que se optou por enchelas de auga.
Lembramos tamén as máis activas neste momento, as de rochas ornamentais,
nomeadamente granito e lousa, nos lindes de espazos de grande valor ambiental
que no segundo dos casos mesmo sepultan vales enteiros das serras do Courel e
Pena Trevinca, provocando unha situación de deterioro irreversible, que chegou
a condicionar a delimitación destes Espazos da rede Natura 2000.
O proxecto para a mina de ouro de
Corcoesto é unha mostra máis da insostenibilidade do sistema mineiro, deséñase
dende o mercado, para dar satisfacción a un consumo por riba das nosas
posibilidades ambientais. Na península temos un exemplo tráxico no accidente de
Alnazcollar, a rotura da súa balsa provocou o vertido de 2 millóns de m3
de lodos e 4 millóns de m3 de augas ácidas transportadas por unha
onda de case que 4 metros de altura. O
dique meirande das balsas de Corcoesto sería 3 veces maior e en caso de
accidente o volume de lodos e augas contaminadas que podería liberar duplicaría
con creces o de Rio Tinto. O desnivel e a escasa distancia ao esteiro do
Anllóns faría, en caso de accidente, que as poboacións de Anllóns Grande e Ponteceso
ficaran dramáticamente afectadas por unha avenida que multiplicaría por catro a
máxima rexistrada nos dous últimos séculos, cubrindo cunha capa de lodos de
casi 3 metros as 400 Ha. do esteiro do Anllóns, dende a ponte de Ponteceso ate
a súa desembocadura na illa da Tiñosa, e con caseque 50 cm de lodo tóxico a ría
entre os faros de Punta Roncudo e Laxe. Lodos que conterían 8,5 Tn de arsénico.
Ese é o perigo latente pero hai outros, hai máis, a mobilización do arsénico
presente no solo -aos que se suman sustancias como o cianuro, sosa caustica ou
ácido clorhídrico- a súa incorporación á capa freática e á rede hídrica, coa
ameaza subxacente sobre as empresas de produccion gandeira e agrícola e as
labores acuícolas e pesqueiras, produciría un claro empobrecemento da zona e a
súa hipoteca unha vez rematada a explotación mineira, non compensada por un
puñado de postos de traballo durante unha década. A máis hai que poñer en
relevo a importancia paisaxística e de biodiversidade do Esteiro do Anllóns, especialmente a nivel ornitolóxico.
Pero non esquecemos as necesidades e a
dependencia mineira da nosa sociedade, sabemos do impacto local e coñecemos o
que xenera o noso consumo noutros paises , como exemplo bastaría falar da
guerra na República Democrática do Congo (Uganda e Ruanda) xerado a partir do
coltán, preciso para fabricar os móbiles ou a guerra financiada pola venda de
diamantes na mesma zona e Angola, Serra Leoa… ou as condicións de explotación
humana para a extracción de ouro e outros metais preciosos en Sudamérica.
Sabemos o custe do ouro pero tamén do petróleo, do carbón, dos metais… en outros países, o custe social
e ambiental, polo que facemos un chamamento para deixar de identificar consumo
con prosperidade.
Non queremos este proxecto de mina de ouro
en Corcoesto e nos comprometemos, e facemos un chamamento á sociedade para que
faga seu o compromiso, cun decrecemento
do consumo de recursos que nos faga avanzar cara a unha relación sustentable
coa natureza.
enarborarobosque.blogspot.com
miércoles, 24 de abril de 2013
Un milladoiro para Corcoesto no III Enarborar o Bosque
Instalación
artística contra o cianuro, o arsénico e a destrucción da
natureza.
Traede ou enviade
os vosos versos, escritos sobre croios, ou mesmo pequenas pedras
intervidas, coas que montaremos unha instalación no III Enarborar o
Bosque, adicado a protección de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) e
o seu entorno natural frente ao proxecto de explotación mineira de
ouro a ceo aberto.
Os amilladoiros
son montóns de croios acumulados de xeito testimonial en
determinados lugares. É unha práctica que ten unha raiz celtíbera,
pobo que ía botando as pedriñas en cruces de camiños e outros
lugares cunha simboloxía especial, para alonxar os malos espíritos.
Practicouse e
practícase ainda en multitude de culturas de todo o mundo, dende a
tribu Churingaque en Australia ate os Masais africanos, pasando polos
pobos do norte penínsular esencialmente no Camiño de Santiago,
neste caso despois de pasar o tamiz da cristianización.
Utilizabanna tamen
os gregos e os romans tendo diversos significados. A pedra foi
símbolo de forza, virilidade, fecundade, persistencia, demarcación…
e nós utilizaremola de novo en Corcoesto, para alonxar os malos
espíritos, os do arsénico e o cianuro que con este modelo de
explotación mineira ameazan con mobilizarse polo interior da nae
terra, nas súas veas de auga, as mesmas que nutren as nosas
produccións agrícolas e gandeiras e que iría empozoñar tamén a
ría toda.
Ven
co teu croio (*) o día 1 de xuño ao III
Enarborar o Bosque que se
desenvolverá en Corcoesto, con recitais, pintura ao vivo, música,
maxia… unha verdadeira romería artístico-reivindicativa ao aire
libre.
Tamén podes
mandar a túa pedra (*) ao Apartado 223 de Cambre – A Coruña antes
do 28 de maio.
(*) Pon
claramente o nome dx autor/a e envianos un correo electrónico coa
trascripción do texto, o colgaremos na web xunto con fotografías
dos seixos.
Xacobe Meléndrez Fassbender
lunes, 18 de junio de 2012
II Enarborar o bosque
Onte na carballeira de Coto Pereira xuntámonos un grupo de artistas para reivindicar coas nosas creacións a protección do medio. Nesta ocasión, como ben sabedes, queríamos manifestara a nosa oposición á incineración do lixo, e reclamar unha aposta polas las tres R, nesta orde: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Tamén denunciar as talas indiscriminadas que se están facendo en Cerdedo e opoñernos á mina que queren construir nesta fermosa Terra de Montes. Pintores, contacontos, fotógrafos e poetas, creando nunha paisaxe ben bonita, cunha xente encantadora e con auga sí, máis da que desexábamos nese día.
Grazas tamén a Mada Meléndrez sempre loitando dende a FEG, e que estivo con nós apoiando esta actividade.
Aquí queda unha mostra no telexornal da TVG, no minuto 30.30.
martes, 5 de junio de 2012
Aprazada a II convocatoria de enarborar o bosque para o domingo 17 de xuño
***** A T E N C I Ó N ! *****
Por motivos meteorolóxicos cambiamos a data da convocatoria ao día 17 de xuño, domíngo. Esperemos que daquela o tempo sexa seco.
Revista Museo del árbol, n. 22, no que aparece a Ii convocatoria de Enarborar o Bosque
viernes, 1 de junio de 2012
Continúan as talas na Terra de Montes. Manifesto de Enarborar o bosque
Achégate o día 10 de xuño á Carballeira de Cotapereira. Trae as tuas pinturas, ou escribe alá os teus poemas, a cámara de fotos, o xantar, os amigos... hai cabida para todas e todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


